Sopa de ganso eumesa
Pregunta: ¿as respostas do concelleiro de urbanismo ás preguntas formuladas polo COE no último pleno municipal están máis próximas a ironía ou á oligofrenia?.
Outra: ¿cómo se entende que o tenente de alcalde Manuel Rei criticara no
periódico La Opinión (5 de xaneiro de 2006) a actuación de colectivos
veciñais que, en lugar de entrevistarse con él para formularlle ás
súas dúbidas con respecto ás irregularidades en Caldagueiro, presentaran
denuncias (¿método antidemocrático?), cando o ir-responsable de
urbanismo é incapaz de explicar nun pleno a dubidosa actuación
do concello en materia de urbanismo?
Outra máis: ¿está chamando imbéciles o sr. concelleiro a todos
aquelas persoas que lle votaron, ó recoñecer que é capaz de
deixarse enganar por un constructor?
Á vista de semellantes respostas propoño que a partir de agora lle
cambiemos o nome ó sr. Regueiro polo máis apropiado de Groucho, sempre e
cando lle quitemos o apelido Marx
Khaleb