Carta dunha eumesa


Son unha Eumesa nada en Nogueirosa e residente na Vila dende fai 28 anos na Av. Ferrol.

Quixera poñer nestas lineas o meu malestar co que está a acontecer na Av. Ferrol, sinto rabia, impotencia e non sei cantas cousas máis, ao ver que os nosos gobernantes locais, non lles importa ver como destruen árbores e plantas as máquinas escavadoras.

Tódolos días saio a traballar ás 9:45 da mañá e vexo os obreiors que están a amañar as beirarruas da citada avenida.

E unha vez máis vin hoxe a desfeita. Como as escavadoras arrollan as plantas ornamentales e arboliños e as botan no camión do escombro. e digo unha vez máis, pois fai un tempo pasou igual coas árbores de dita rua pois non podia crer o que vian os meus ollos, árbores cheas de vida, tiradas na rua pasando días, hasta que o camión do escombro as levou. E te paras aa pensar, e que non temos ninguén que decida o que facer con elas? Eu preguntaríalle os señores do noso Concello "seña ou non a sua área de responsabilidad" porque se permite estaatrocidade; ¿ e que neste Concello non temos un lugar onde plantar estas árbores e plantas? Foi bonito ver como os veciños doéndose da situación baixaron a recolller algunha.

É unha pena ver o estado lamentable dos nosos xardíns. Soio temos árbores milenarios que xa se  coidan por si sos e afortunadamente non pasa cerca calquer rua ou algo parecido se non témome que tamén peligrarían. Gustaríame como cidadana ter árbores e plantas para ter un Pobo máis verde e así máis agradable.

Quixera e remato: decirlles os gobernantes que recorden o dito, CANDO UN ÁRBORE MORRE...

Atentamente  
Mª Jesús Grandal

Pontedeume, 9 de xaneiro de 2006