CARTA ABERTA AOS CONCELLAIS DE PONTEDEUME

Carta aberta aos concelleiros de Pontedeume

Temos chegado a unha situación insostibel neste concello, si este concello leva ao menos 30 anos padecendo as arbitrariedades dun técnico municipal con un comportamente cando menos califacabel como “sospeitoso”, fruto do cual este concello ten padecido un serio ataque do chamado feismo. O que xa ten pasado todos os limites e o comportamento da Corporación Municipal permitindo esas actitudes é agora incluso participando na ocultación das desfeitas.


Dende logo teran que ser eles quenes teñan que aclarar o senso de toda ista situación, pero o caso do edificio de Caldagueiro, demostrada agora a ocultación da orde de paralización emitida polo propio concello fai casi un ano, e algo que alexa moito iste municipio dos principios da democracia aos que moitos dos nosos concellais afirman defender.


Descoñecemos o alcance e grado do posibel engano que poidesen ter padecido, pero ese engano é en todo caso mínimo respeito a gravedade do engano aos veciños da vila de Pontedeume, ¿por qué os responsabels non consultaron persoalmente os expedientes e solicitaron informes asignados, antes de afirmar fanáticamente que “todo esta correito”?. A democracia ista quebrada, é necesario a toma de medidas urxentes para depurar responsabilidades nesta situación.


Pero é que non ven que os veciños estamos protestando como nunca se fixo nesta vila, e temos outras cousas mais importantes que facer que perder o tempo nesto. Como se poden esconder negando os feitos sin estar perfeitamente informados das cousas.


Os concelleiros con dignidad é en maior medida os mais afeitados persoalmente deberian ser os primeiros en tomar medidas urxentes, os veciños de Pontedeume saberemos ser xenerosos cos que valentemente afronten a situación, e instauren a democracia, xogamonos moito nestes intres.


É necesario que os concellais formen dous bloques un por aqueles dispostos a respeitar as reglas do xogo democrático e por o outro bando os que insisten en aplicar os métodos das dictaduras xa superados fai decadas neste pais. A situación exixe que as actitudes vaian mais alo dos grupos politicos, temos que volver ao primer paso da democracia, que non é outro que peneirar os democratas dos non democratas.


Como primeiro paso exixo a paralización inmediatas das obras en construcción, por unha beira a “paralización efeitiva” das obras da estación e Caldagueiro, e por outro lado a “paralización inmediata” da obra de Avd. Dr. Villanueva nº 1 ao carón de correos.


Faise mais necesario que nunca que dende a concellalia de urbanismo se exixa a transparencia total, ten que sacarse a luz toda a documentación existente, e permitir a os veciños de Pontedeume o acceso e copia. En segundo lugar é obrigado elaborar informes exhaustivos de cada unha das obras, informe elaborados e asignados polo novo Arquitecto Superior do concello que para iso se contratou, deixando a un lado ao técnico municipal anterior para obter a maior imparcialidade nos informes.


Despois da demostración do anormal da situación é necesario por parte da concelleria de urbanismo unha actitude de información exahustiva, xa non vale seguin escudandose en afirmacións gratuitas “el informe no llego a prosperar” ou “niega que el Concello haya otorgado licencias a obras ilegales” ou "Los permisos se han revisado una y otra vez y los técnicos municipales nos han asegurado que son absolutamente correctos".

X.G.