OUTRA VOLTA DE FORMIGONEIRAS EN PONTEDEUME.
Semella
que a corporación local de Pontedeume debe ter parte nalgunha planta de
formigón porque senon non se entende esta insistencia en formigonar
totalmente a vila e a sua costa.
O dia 10 de febrero reuniuse o Xefe de Demarcación de Costas de Galicia coa Corporación Municipal, e
por certo non para falar das licenzas ilegales concedidas polo concello
para construir vivendas en zona de costas, senon para continuar coa
liña de atentados a natureza. Polo que trascendeu da reunión na
mesma se xestou un novo ATENTADO MEDIOAMBIENTAL para a nosa vila, a
realización dun paseo entre o baradeiro e a Macuca, incribel, as
declaracions son:
“El
jefe de la Demarcación de Costas del Estado en Galicia, Rafael Eimil,
se comprometió ayer en Pontedeume a promover la ejecución de una ruta
de senderismo que discurra desde el muelle hasta el lugar de A Macuca, así como a construir un paseo que bordee el mar en la misma zona”.
“Belarmino
Freire destacó que la intención del Gobierno local y del
organismo estatal es que el futuro paseo "se integre y respete al máximo la
naturaleza".
Evidentemente
este concepto de integracion e respeito axustase á ”forma de facer
urbanismo” neste concello, supoñemos que a integración e o respeito
será similar ao de as vivendas construidas en zona de costas, o
edificio de Caldagueiro ou da estación, por non falar da torre
aberrativa ao lado de correos, todas elas dignas de promoción polo
mundo pola sua integración e respeito ao máximo coa natureza e o
patrimonio histórico artistico.
Outro dos comentarios non ten desperdizo:
“En
un principio el proyecto también planteaba el derribo del espigón que
hay en A Magdalena, una medida que se desaconsejó finalmente para
evitar la alteración del fondo marino y del medio en la zona”.
Un
faise a pregunta de sempre que e primero o ovo ou a galiña, que estaba
antes a praia ou o espigon, pero é que o “maldito espigon” non se trata
dun dos maiores atentados que se fixeron na costa de Pontedeume, unha
alucinación da alcaldesa de Cabanas, un espigón feito por un capricho
para levar un vial de acceso á praia de Cabanas, que despois de
comprobarse o seu nefasto estudo coa morte dunha persoa nun accidente
de trafico polo perigoso do trazado, modificouse á posición correita
pasando por debaixo da via do ferrocarril. O “maldito espigon” que
retirou inxentes cantidades de area da praia de Cabanas, e que removeu
totalmente os fondos mariños hinchendo a praia de cunchas de moluscos
mortos. O “maldito espigon” que acabou con case medio kilometro de
areal. A esto se lle chama “respeito á natureza”, e agora cando alguen
plantea o lóxico “a demolición de dito atentado” se “desaconsejó finalmente para evitar la alteración del fondo marino y del medio en la zona”.
Agora
como si iste atentado non fose suficiente queren repetilo na zona de
Pontedeume, evidentemente non ibamos a “progresar menos que os
veciños”, pero ¿como é a idea?, sustituir a natureza existente por unha
de carton-pedra á imaxe de Marina D´or. Semella que o chamado respeito
pola natureza e o medio ambiente consiste en facer un paseo con pedra
traida dunha canteira homologada, con un asfalto ecolóxico (feito con
neumaticos reciclados), farolas de refundición, e moitas traviesas
usadas do tren, e ao final do paseo, a depuradora e a futura depuradora
para a futura urbanizacion de Ber, depuradoras que van olir a rosas e
verter capulliños á ria. Isto é a “maneira de facer urbanismo” isto “é
ecoloxismo” isto “ é respeito pola natureza”. So lles queda facer a
pista de 2 km de xelo artificial para esquiar no verán (debe ser que
ainda non chegou algun iluminado a propoñelo ao concello), ¿e para
cando o tan necesitado campo de golf en Pontedeume?, unha idea era
facelo no campo de futbol agora que o sacan de alí, o futbol xa está
pasado de moda, puag! un deporte para a plebe, ¿Non podería ser un
minigolf cunha urbanizacion de adosados en Esteiro?, señor alcalde nos
tamen queremos xogar ao golf, ¿Non nos estaremos quedando estancados?.
Polo
que teño idea por comunicacions viales non vai quedar iste pobo, según
comentarios feitos o verano pasado por parte do “non menos iluminado”
tenente de alcalde do noso concello, a solución para o tráfico de
vehiculos na nosa vila era “facer unha nova ponte”. Eu propoño unha
solución mellor entubar a desembocadura do rio Eume, e rechear toda a
ria entre Pontedeume e Cabanas, total para que serve todo ise espacio
perdido agora, hasta se podian facer novas ruas e por suposto “unha boa
cantidade de novas vivendas” “un par de centros comerciais” “ 18
multicines” “unha reproduccion da torre Eifel” “outra do arco da
estatua da libertade” “unha reconstruccion das torres xemelas
derribadas non 11S”, seguro que ainda non se lle ocurrira.
Outra
boa idea da que me enterei é a que se lle propoñia dende o concello aos
comerciantes de Pontedeume ante a sua preocupación pola chegada do
“progreso” reflexado no “moderno comercio” a base de centros
comerciais, era que alquilasen unha nave fora do casco urbano e levarán
para alí as tendas, tampou ten desperdicio a recomendación, moi boa
visión de futuro, vostedes si que saben.
O
que non acabo de entender é que con a necesidade que ten este pobo de
vivendas, ainda non se plantexaran tirar dunha vez os almacenes de
raxoi, o antigo edificio do xulgado, o torreon dos Andrade e xunto con
eles edificar vivendas tamen nos xardins de Lombardero, total para
catro arboliños que hai alí, e catro nenos que hai no pobo, como vamos
a ter paralizado o “progreso” desta vila por isa minucia, as vistas
iban ser de primeira, lle podian chamar “mirador de la ria 2”, porque
el “mirador de la ria 1” xa é a torre aberrativa ao lado de correos.
Animese home animese, non se corte que xa non vai meter mais a pata do
que xa a meteu. Igual en vez dunha estatua lle fan duas ou a saber si
hasta un “mono-lito”.
X.G.