COLABORACIÓNS



O famoso PLANO XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL de Pontedeume, do que tanto se fala últimamente, non é mais que unha mera coloración dun plano do concello de Pontedeume, feito sin ningun tipo de estudo é excrupulo, colgouse en Foremdes é inmediatamente douselle o valor de lei, e semella estar en aplicación dende ó 2002.

 

A isto se reduce o famoso plano, un plano que a meu xuízo contén tal cantidade de deficiéncias, que non se pode cualificar mais que de escandaloso, e considero moi preocupante que os rexedores deste concello consideren que este é o mellor futuro para esta vila:

 

A realidade é que O PLANO XERAL DE ORDENACIÓN MUNICIPAL actualmente nas primeiras etapas de tramitazón, e que o concello semella empeñado en estar xa aplicando, apresenta tal cantidade de deficiéncias que un non poder pensar outra cousa que a sua aprobación tal como esta é dubidosa, xa que ao menos incumpre:

           

  1. Moitos dos núcleos rurais propostos semellan estar lonxe da consolidación do 50% exixida na lei de ordenación urbanística de Galicia 2002, para a sua constitución.

  2. Na delimitacion das ampliacións dos núcleos rurais propostos, case que existe unha invasión continua da zona dos 200 metros de protección costeira, polo que a sua viabilidade e nula. En outros casos as zonas de expansión alonxase claramente dos núcleos rurais a distancia máxima regulada por lei.

  3. Estanse a prever zonas de solo urbanizable residencial en zonas rusticas invadindo en casos case totalmente os 200 metros de protección costeira, o caso do plano parcial Anduriñas-Ber, so se pode cualificar de escandaloso, xa que chega ata o borde marítimo, o impacto mediambiental sera salvaxe.

  4. As delimitacións de solo urbano consolidado e non consolidado son do mais arbitrário, calificándose de consolidado zonas onde prácticamente non existe nen edificacións, viais, nen nengun tipo se servizos urbanísticos.

 O certo é que o mencionado plano a estas alturas semella que ainda non ten nen o primeiro informe favorable da Xunta de Galicia, e moito menos a sua aprobación inicial. As fases legais para á elaboración do plano Xeral de Ordenación Municipal son as seguintes:

 

Fase de avance: Parece que é a actual. Nesta fase a CPTOPT ten que emitir un informe e debe adaptarse o proxecto de PXOM a esas directrices. Unha vez adaptado, lévase a pleno para a súa aprobación inicial. A partir de que se aprobe inicialmente hai como mínimo un mes de exposición pública. É aí onde a cidadanía pode presentar as alegacións que considere.

A seguinte fase é a aprobación provisional, onde se resolven as alegacións presentadas e unha vez aprobado inicialmente elabóranse todos os estudos medioambientais, etc. que sexan precisos e por último ven a aprobación definitiva, que corresponde á Conselleira de Política Territorial. A aprobación definitiva non a fai o Concello.

O plano non ten vixencia ata que se produza a aprobación definitiva.

Como podedes ver a aprobación dun planexamento deste tipo, non é doada, e penso que menos nun concello como Pontedeume onde esta catalogado dentro de patrimonio artístico, cultural e paisaxistico, para demostralo so temos que ver os anos que levan fracasando nos intentos.

 

O caso de Pontedeume non ten nada de ver con Miño ou Sada, por poñer dous exemplos que polo seu crecemento urbanístico salvaxe semellan ser a referente para a nosa Corporación Municipal. Chega con darse unha volta por aló para comprobar o que é un crecemento salvaxe é unha densificación urbana exaxerada dominada polo feismo. Semella que Pontedeume escomezou tarde pero pode poñerse á cabeza.

 

Chegado este punto pregúntome: ¿Que quere este concello dos seus viciños?. Evidentemente que se convertan en meros comparsas é cúmplices da destrución da nosa vila é costa, temos que converternos nos cúmplices de quen vende o concello ao mellor postor. E por enriba non nos deixan nen o direito a opinar sobre o que queremos. ¿Pero en que tipo de ditadura cren que vivimos?, pero señores esperten que xa cumprimos 30 anos de democracia. ¿Non será que somos uns inxénuos é pensamos que si existen leis, é para que se apliquen?.

 

Pero alguén púxose a pensar en algo mais que nos cartos que vai producir todo este plan para unhos cuantos, é doado imaxinar o impacto do que se pretende aprobar neste axuntamento, pensade en 2000 persoas vivindo en Ber, como van a depurar as augas residuais, que teñen pensado facer unha xigantesca fosa séptica rezumando sobre os cantis, o mesmo en Ombre ou Noguerosa, si hoxe estan vertendo o alcantarillado no paseo marítimo, que vai pasar con 500 novas vivendas, ¿quizais teñan pensado un novo tipo de vivenda onde non é necesaria auga corrente, e non se producen polo tanto vertidos de aguas reduais?. Evidentemente a solución sempre é fácil para eles, farán emisórios á ria, é todos contentos, sempre o remendo para a desfeita, pero esta vez non vai chegar con esconder a cabeza para non ver a realidade.

 

Facer todo isto necesita uns estudos medioambientais moi detallados, toda esta xente non ten nen idea do atentado que están xestando, penso que a ría vai de camiño de converterse nunha autentica cloaca, se a depuradora de agora xa non da abasto, e na zona de Nogueirosa xa se esta vertendo directamente ao mar no paseo marítimo non che digo cando isto se leve a cabo. Si agora teñen dificultade  para recoller o lixo nas parroquias, e o concello fixo publico que co imposto da recollida de lixo non financian nen o 50% dos gastos, como se vai afrontar a recollida do lixo de outras novas 1000 vivendas, ¿Non terán pensado duplicar o taxa abusiva actual?.

 

Que vai pasar coas circulacións de vehículos, si agora temos problemas de retencións en Ricardo Sánchez que pasara cando construan 500 vivendas novas en Ombre e Nogueirosa. E as estradas da costa, si dende os taxistas xa hai retencións de mais de 2 km en días de verán, que pasara cando teñamos 350 vivendas mais en BER, é 1200 vivendas que esta facendo Fadesa en Miño, a onde vai parar isto.

 

Pero é que ninguén ve que isto é o que xa esta pasando nas zonas de España onde empezaron fai 20 anos con esta desfeita. Exiximos respostas, queremos un futuro para todos, non teñen direito a vender o que non é seu. Exiximos que cumpran cos tramites legais, temos direito a facer alegacións, temos direito a criticar e opinar, iso é a democracia. Vostedes non teñen direito a aprobar nada sen o consentimento dos viciños de Pontedeume. Vostedes están traballando para nós, non para enriquecer aos promotores sen escrúpulos que van aparecendo por este concello. Os promotores semellan ser ONG, ás que o concello esta disposto a conceder "certas irregularidades" con tal de regalarnos vivendas a todos os viciños, pois non señores a realidade é que hai que pagar entre 120.000 e 180.000 € en Pontedeume para comprar unha vivenda, é intolerábel que ainda dun prezo abusivo, se construa onde é como non se debe. Pondeume é dos viciños. ¡BASTA XA!.

 

X.G.

30-decembro-2005