Mercado municipal
Quen
non lembra a teimosia do presidente Bush cando se empeñaba en promover
unha guerra en Iraq baixo a xustificación da existéncia de armas de
destrucción masiva, argumento logo demostrado falso? A pesar diso, a
guerra levou-se a cabo porque era un obxectivo irrenunciábel e non se
podia admitir que - seguindo unha máxima de certos xornalistas - a
verdade bota-se a perder unha boa história. Non seria este o único caso
no que, tratando de xustificar unha acción, se argüi-se calquer razón
por absurda que fose. Aznar tivo un comportamento similar cando a raiz
do 11-M empeñou-se en contradecir a realidade por interese partidista.
Esta actitude contumaz parece unha enfermidade espallada entre a clase
política que non dubida en marcar-se un propósito e vende-lo logo como
se dun vulgar feirante se trata-se. Ao revés que no pensamento
científico, aquí a tese condiciona á hipótese; o resultado non ven dado
polos razoamentos senón que son os razoamentos os que se forman a
partir da conclusión.
Tampouco os nosos pequenos mandatários son inmunes a esta enfermidade. A propósito da informe promovido polo concelleiro de servizos sociais de Pontedeume que tenta xustificar a construcción dun aparcadoiro soterrado debaixo do mercado municipal, convén fixar-se en como chega ao resultado a pesar dos pesares. Transcribo o informe:
"A proposta de Debaixo do Mercado é claramente a máis conforme coas opinións dos comerciantes, dobrando incluso á segunda opción No parque Sarmiento. De todas formas non podemos esquecer que onde está o mercado podemos falar da posíbel potencialidade arqueolóxica da zona (existíu un pazo e unha capela) que pode motivar a paralización da obra por tempo indeterminado. Os comerciantes son conscientes disto. A infraestructura que se tería que montar nos arredores do mercado e na Praza do Conde para a construcción dun apracadoiro soterrado poderían permanecer durante moito tempo se se paralizaran as obras por achádegos arqueolóxicos, provocando non só a suspensión evidentemente das actividades do mercado, tamén poderían afectar ao feirón semanal. Isto podería ocasionar unha baixada no número de clientes por tempo ainda indefinido que tería consecuencias sobre os ingresos dos comerciantes. Chegado o caso, na hipótese de que a construcción do parcadoiro soterrado levara 3 anos ou máis, incluso podería provocar o peche dalgún establecemento comercial se non se tomaran medidas para evitalo.
Eu considero o emprazamento debaixo do mercado como a mellor proposta pola súa proximidade ao casco vello, básico para a comodidade que require o comercio actual para ser competitivo."
5-novembro-2005