O Concello multará a Lagares se non legaliza Caldagueiro en dous meses (La Opinión)


p1010371.jpgO arquitecto municipal sinala que o proxecto presentado pola promotora para adecuar a primeira fase do edificio á licenza concedida en 2003 incumpre a normativa.

O Concello de Pontedeume rexeitou o proxecto de legalización da primeira fase do edificio de Caldagueiro e dá dous meses de prazo á promotora para que derrube a parte do inmoble que non se axusta á licenza municipal.

Fomento non pode iniciar as obras das rotondas en tanto non teña permiso de Patrimonio


p1030858bis2.jpg

Patrimonio asegurou ao colectivo Fusquenlla que paralizaría as obras das rotondas se comezan sen a autorización deste organismo

Fusquenlla púxose en contacto cos responsabeis de patrimonio para asegurarse da situación actual do proxecto. Dende este organismo fíxose saber que era necesario o consentimento de Patrimonio para levar a cabo as obras e que había unha solicitude de Fomento para conseguir este permiso.

9 de maio: periplo reivindicativo en Ferrol


20502.jpegE van xa 19 os gaseiros que no último ano teñen entrado na ría de Ferrol con destino á planta de gas ilegal de Reganosa en Punta Promontoiro. Con tal motivo, o Comité Cidadán de Emerxencia para a ría de Ferrol convócanos hoxe 9 de maio, ás 6 da tarde, a unha concentración na Praza de España, diante do edificio administrativo da Xunta de Galicia. A continuación, os manifestantes percorrerán as sedes dos socios financieros da compañía para sinalar aos responsables desta ameaza.

Patrimonio denega o permiso para construír un paseo de madeira no peirao


peirao035.jpgA remodelación do peirao eumés está en entredito pola decisión de Patrimonio de denegar a autorización para construir unha pasarela peatonal.

 

A Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes, a través de Portos de Galicia, procedeu á adxudicación das obras de ordenación da fachada marítima do porto de Pontedeume, por un importe de 2.189.686,46 euros e un prazo de execución de 16 meses. Nesta obra estaba incluída unha pasarela de madeira de 320 metros nunha gran parte do borde litoral, ancorada ao muro. Patrimonio considera que non debe autorizar este paseo nunha vila declarada Ben de Interese Cultural e Paisaxístico.

As rotondas suprimirán un teixo senlleiro


rotonda_teixo.jpgÁs razóns, xa expostas aquí, que desaconsellaban a instalación de rotondas e pasos subterráneos hai que sumar a desaparición dunha árbore cun alto valor estético e monumental. Trátase do teixo que hai no parque Sarmiento, unha especie protexida e lonxeva que corre perigo de desaparecer por mor da ignorancia e insensibilidade da administración pública.

Premio Europeo do Espazo Público Urbano


barking1.jpgEste premio concédenno varias institucións europeas vinculadas á arquitectura e ao urbanismo, como o Centre de Cultura Contemporània de Barcelona, o Institut Français d’Architecture ou The Architecture Foundation de Londres, responsables do Proxecto GAUDÍ (Goberno, Arquitectura, Urbanismo, Democracia e Interacción), un programa cofinanciado por la Comisión Europea para a revalorización do espazo público nas cidades europeas.

O Concello rexeita as alegacións de Lagares para legalizar Caldagueiro


p1000581bis.jpgO pasado 26 de outubro a alcaldía de Pontedeume ditou unha resolución pola que se requería ao promotor das obras do edificio de Caldagueiro para que no prazo de 3 meses procedese a axustar as obras ás condicións sinaladas na licenza municipal, outorgada esta en decembro de 2003.

Como se sabe este edificio consta de dous proxectos coas respectivas licenzas. O primeiro deles para construír 51 vivendas e un segundo para ampliar noutras 29 vivendas o anterior proxecto. Tanto unha como outra concesión foron desestimadas pola Xunta de Galiza que considera as licenzas nulas de pleno dereito.

Porén o Concello deulle a Lagares Álvarez S.L. a posibilidade de adecuar as obras á licenza concedida, a sabiendas de que a CPTOPT as declaraba nulas. Na relación de infraccións figuraban as seguintes:

O xuíz ordena a derriba de dous chalés na parroquia de Ombre (La Opinión)


Un fallo anula as licenzas de ambas as dúas casas, concedidas en 2000 e 2002 polo anterior Goberno local. Os tribunais xa revogaron oito autorizacións no municipio.

p5152091b.jpgO Xulgado do Contencioso Administrativo número 1 da Coruña declarou nulas as licenzas de dous chalés situados na parroquia de Ombre, no municipio de Pontedeume, e ordenou a derriba de ambas as vivendas, construídas sobre chan rústico de protección costeira.

O Concello afirma que Fomento entregou a semana pasada o proxecto das rotondas


p1030853bis1.jpgSe isto é así o Ministerio de Fomento está a incumprir de novo a lexislación. A lei de estradas advirte que os proxectos deberán ser entregados á corporación local afectada para estudar posibles modificacións. Dous meses despois, se o Concello non aporta alegacións, poderá ser aprobado definitivamente o proxecto.

Fomento non quere inxerencias na imposición das rotondas á vila de Pontedeume.


img_42000.jpgSegundo informa hoxe o xornal La Opinión, o Ministerio de Fomento manifestou que non está obrigado a someter a exposición pública o proxecto de construción de dúas rotondas e dous pasos subterráneos na estrada que une Ferrol e A Coruña, la N-651, ao seu paso polo centro de Pontedeume. Pero a interpretación das leis non deixa lugar a dúbidas. A Lei 25/1988 ou lei de estradas, así como o Real Decreto 1812/1994, art.34,

Páxina antiga

Podes ver todos os contidos da páxina antiga dende aquí

Observa o mapa das desfeitas urbanísticas de Pontedeume


Visualizar o mapa ampliado

galizanonsevende.jpg